A lamprea poderá degustarse en 100 locais hostaleiros os fins de semana até o 15 de abril
En Monçao dos 21 restaurantes adheridos, 10 ofrecen o servizo de recollida para levar
A Asociación de Desenvolvemento Rural Integrado do Vale do Miño -ADRIMINHO-, a Confraría da Lampreia do Río Miño, e os seis municipios do Val do Miño -Melgaço, Monção, Valença, Paredes de Coura, Vila Nova de Cerveira e Camiña- promoven a 13ª edición da “Lampreia do Río Miño. Un Prato de Excelência”, presentado onte en Melgaço, que se desenrolará todos os fins de semana, até o 15 de abril.
Nesta edición, participan 21 restaurantes do concello de Monção -100 no total dos municipios-, que con esmero na atención e a calidade na elaboración, estarán de portas abertas para recibir aos amantes deste prato tradicional coa lamprea como protagonista, cumprindo as recomendacións e medidas da Dirección Xeral de Saúde. Este ano, como o pasado, volverá a funcionar o réxime de levar para a casa en 10 dos locais hostaleiros adheridos, sinalizados no catálogo promocional.
Amáis da presentación destas xornadas gastronómicas da lampreia na maior parte dos restaurantes monçanenses, os vindeiros tres meses o municipio veciño de Monçao contan cunha ampla axenda cultural entre as que se atopan visitas culturais e quintas de viño Alvarinho, realización de actividades de turismo activo, eventos deportivos e espectáculos musicais e teatrais.
A “Lampreia do Río Miño. Un Prato de Excelência” constitúe unha importante contribución para a promoción deste prato típico da rexión, asumíndose nesta coiuntura complexa e difícil da pandemia, como unha manifestación solidaria con todas as persoas que, directa ou indirectamente, dependen de preservación e valorización deste recurso singular do territorio.
A presente edición, cuxa programación reforza a compoñente cultural, histórica e turística dos municipios, revela unha carga de enorme simbolismo, retratada na firmeza e resiliencia daqueles que, mesmo en período adverso, como o que vivimos, nunca desisten: pescadores, vendedores, restaurantes, unidades de aloxamento, empresas de animación e outros profesionais ligados ao sector.
O alcalde de Monção, António Barbosa, eloxiaba “a determinación, perseveranza e capacidade de adaptación dos nosos empresarios de restauración, desexándolles éxito nesta iniciativa gastronómica. Convido os monçanenses e os visitantes a degustar este prato tradicional nun dos nosos restaurantes, apoiando a gastronomía local e todos os profesionais do sector”.