Os postos repártense en varios servizos municipais de conservación, funcionamento de bens e servizos municipais cunha duración de 6 meses e con cargo ao Plan Concellos da Deputación
O Concello de Salceda de Caselas realizará este ano unha serie de contratacións de persoal con cargo á Liña 3 do Plan Concellos 2022-2023 da Deputación de Pontevedra, para a que se solicitou unha subvención de 139.126,46 € que foi finalmente concedida.
A duración dos contratos, a xornada completa, será de 6 meses dende o 30 de marzo ata o 30 de setembro de 2022.
A contratación destas 15 persoas destinarase ao desempeño de diferentes postos de traballo para facer fronte aos traballos e tarefas en diferentes servizos que presta o concello como os de Medio Ambiente, Recadación, Orientación Laboral, Biblioteca e Mantemento de dependencias municipais.
No área de Medio Ambiente serán contratadas, 6 persoas para o posto de Peóns para a xestión de residuos e unha persoa como Condutora do Camión do Lixo e outros vehículos municipais.As súas funcións serán a limpeza e desinfección e xestión de residuos dos espazos públicos e edificios públicos durante os seis meses centrais do ano no que se produce un incremento de poboación, polas actividades de promoción e para a reactivación económica e do turismo e ante as demandas de mantemento de servizos municipais, debidas aos estándares de esixencia provocados pola pandemia da COVID 19, que aínda seguirán vixentes nos vindeiros meses.
No área de Xestión Forestal se incorporarán dúas persoas,para o posto de Peón Forestal. As súas funcións consistirán en realizar labores de desbroce e coidado das superficies forestais para manter en boa disposición e estado de conservación os montes do concello ante a entrada da primavera e o verán, que son épocas críticas para a masa forestal ante o inminente risco de aparición de lumes.
En relación co área de Emprego e Orientación Laboral, contratarase una persoa para o posto de Orientadora Laboral. As súas funcións serán a realización de trámites co SEPE e o SPEG, atención a desempregad@s para orientar na procura de emprego, realización de currículo, elaboración de itinerarios de inserción, alta en plataformas de busca de emprego entre outras, co obxectivo de facer fronte á maior actividade laboral que sempre se produce no concello de Salceda entre os meses de abril e setembro.
No área dos departamentos de Rexistro Municipal, Tesoureiría, Recepción e Secretaría se incorporará unha persoa para o posto de Auxiliar Administrativa. As súas funcións serán dar apoio aos departamentos xa mencionados ante a posta en marcha por parte do Catastro do procedemento simplificado do IBI, que no concello de Salceda está a afectar a máis de 15.000 parcelas, o que require un apoio de persoal para atender ao público e xestionar as reclamacións e bonificacións relacionadas co dito procedemento.
Na Biblioteca Municipal tamén se incorporará unha persoa para o posto de bibliotecari@. As súas funcións será a atención á Biblioteca Municipal, a organización de libros, e o manexo da aplicación informática para o control das entradas e saídas de libros debido a aplicación de protocolos de atención personalizada e desinfección, que complicaron as tarefas diarias a realizar en comparación coas que se levaban a cabo antes da pandemia.
Por último á plantilla do concello se incorporará un bedel/conserxe para realizar diferentes funcións en dependencias municipais como as de atención ao público, mantemento e reparacións nas instalacións municipais. Dita incorporación tamén axudará a planificar e reforzar a atención ao público para poder facer fronte a posta ao xa mencionado Procedemento Simplificado do IBI no que haberá que xestionar preto de 10.000 bonificacións no imposto solicitadas pola cidadanía.
As bases para poder presentarse a estas prazas publicaranse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Salceda de Caselas, e as persoas interesadas en concorrer á selección terán que estar dadas de alta como demandantes de emprego na oficina do SEPE de O Porriño.