Sthela Táboas 12/02/2022

Verónica Tourón foi designada para a secretaría provincial de Emprego na nova executiva provincial do partido socialista

O PSdeG de Salceda de Caselas valorou dunha forma moi positiva a súa participación no 4º Congreso Provincial do PSdeG de Pontevedra, celebrado en Vigo durante os días 11 e 12 de febrero, no que se proclamou de novo como Secretario Provincial a David Regades.

Dúas delegadas, Verónica Tourón e Ana Belén Valiño, asistiron como representantes da agrupación socialista salcedense, que viu aumentado o seu peso dentro do PSdeG de Pontevedra ao obter un posto na nova executiva provincial a alcaldesa, Verónica Tourón, na Secretaría de Emprego e un posto no Comité Provincial para o seu compañeiro de agrupación, Luis Pereira.

A alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón, declarou “Comezamos con ilusión esta nova etapa política a nivel provincial e con gañas de afrontar o principal reto político que temos por diante as e os socialistas en Pontevedra, as próximas eleccións municipais para mellorar resultados electorais e reforzar os nosos gobernos nos concellos. Ofrecer todo o noso apoio ao novo secretario provincial David Regades, para fortalecer o noso partido a nivel provincial, a través dun proxecto político que nos leve a revalidar os bos resultados electorais destes últimos catro anos.”

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad