Sthela Táboas 07/02/2022

Os interesados poderán inscribirse dende o vindeiro xoves 10 ata o venres 18 de febreiro a través do Rexistro Xeral do Concello e os premios suman un total de 13.950 €

O Concello do Porriño anunciou a publicación das bases que rexerán o tradicional desfile de comparsas, dentro do programa de actividades do Entroido 2022.

Os desfiles terán lugar nas datas e horarios sinalados no programa de festas do Entroido, o sábado 26 de febreiro ás 18.00 h e o e o martes 1 de marzo ás 18.30 h, sempre e cando a situación sanitaria o permita e cun estricto cumprimento das medidas de seguridade sanitaria. 

Tal e como recollen as bases, o prazo de inscripción abrirase o 10 de febreiro e as asociacións poderán inscribir as súas comparsas ata o día 18, ambos incluídos.  Estas deberán formalizarse no Rexistro Xeral do Concello do Porriño. 

Este ano os grupos optarán a premios de ata 1.000 €, dependendo do número de compoñentes da comparsa (300 € de 10 a 19 compoñentes, 550 € de 20 a 39 compoñentes, 850 € de 40 a 55 compoñentes e 1.000 € de 56 ou máis ). O importe máximo que se establece é de 13.950 €, polo que os premios se repartirán ata acadar esta cifra seguindo rigorosamente a orde de inscrición.

As bases poden consultarse na seguinte ligazón: https://oporrino.org/documentos/bases-do-desfile-de-comparsas-do-entroido-2022/

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad