Sabela Landín 28/01/2022
Limpeza

A Xunta de Goberno Local aprobou onte o expediente de contratación e os pregos do contrato de desbroce, que terá unha duración de 9 meses e un orzamento de 300.000 euros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Mos aprobou onte en sesión ordinaria semanal o inicio do expediente de contratación, así como os pregos, para o servizo de sega, desbroce e limpeza de cunetas.

Trátase dunha contratación mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria, baixo modalidade de contrato administrativo. E, unha vez aprobado o inicio do expediente e os pregos en Xunta de Goberno, agora procederase á publicación do anuncio na Plataforma de Contratación do Estado para iniciar a licitación, momento no cal as empresas interesadas poderán comezar a presentar as súas ofertas.

O contrato terá unha duración de 9 meses e un orzamento de 300.000 euros, o máis alto da historia do Concello de Mos dedicado a limpeza viaria.

A empresa adxudicataria realizará a limpeza e desbroce de todas as cunetas e marxes dos camiños municipais nas 10 parroquias mosenses. Especificamente o adxudicatario do contrato realizará os seguintes traballos: a limpeza de cunetas e canles nos laterais dos camiños municipais que impiden a normal circulación das augas superficiais e pluviais. A roza dos laterais dos viais ata a altura que requira cada unha das zonas a limpar tendo en conta as súas características específicas. A reposición ao seu estado orixinal nas zonas onde existan cunetas de terra, manualmente ou con maquinaria adecuada. A retirada e limpeza nas cunetas de formigón dos materiais que impidan a evacuación das augas. Ademais do corte de matogueiras e malas herbas, deberá recoller todos os residuos existentes na zona na que se actúe tales como ramallada, plásticos, botes, botellas, etc… Os residuos e maleza xerados pola roza e limpeza retiraranse, como máximo, ao día seguinte e serán depositados en vertedoiros autorizados. Estes vertedoiros serán sempre por conta do propio contratista. Tratamento adecuado da maleza, materiais e residuos que resulten dos traballos que se realicen polo adxudicatario, que deberá darlle a cada un dos tipos de residuos o tratamento separado e individualizado que esixe o cumprimento da normativa medioambiental. A sinalización para a execución dos traballos deberá cumprir estritamente a normativa vixente para este tipo de traballos na vía pública, sendo de conta do adxudicatario o custo de todos os elementos necesarios de sinalización. Se procederá, en caso de necesidade, á limpeza de fincas particulares con motivo de resolución de expedientes de medio ambiente en execución subsidiaria en coordinación coa Consellería de Medio Ambiente do Concello de Mos segundo tarifa no momento da petición.

Realizaranse os traballos na lonxitude total de viais obxecto da limpeza, mediante desbroce de maleza nas dúas marxes do vial, nunha faixa de dous metros (2 m) medidos dende a gabia cara ao exterior e a ambos os dous lados do vial. Todas as zonas deberán quedar completamente limpas unha vez realizado o traballo, retirando ao longo da mesma xornada todos os residuos xerados, os cales deberán ser xestionados adecuadamente, correndo o adxudicatario con todos os gastos que isto supoña. Farase desbroce de taludes e marxes, e limpeza de marxes e cunetas de camiños.

Os medios técnicos que deberá empregar a empresa para realizar os traballos son: 9 operarios distribuídos en 3 equipos de traballo con equipos individuais de desbroce (6 desbrozadoras de mano con útiles suficientes), expertos no manexo, equipos para limpeza de canles e cunetas, equipos de carga e transporte do material procedente do desbroce e limpeza, con persoal cualificado para seu manexo (mini volquete para acopio segundo necesidade). Medios auxiliares de limpeza cunetas e canles (máquina retro excavadora con operario condutor e medios auxiliares para limpeza cunetas e canles segundo necesidade), 3 sopradores de mochila, equipos de auga a presión e todos os necesarios para a correcta limpeza das canles e cunetas así como 3 furgonetas para o transporte dos operarios. 1 tractor desbrozador, con brazo suficiente e útiles necesarios para un completo desbroce, con 1 condutor debidamente cualificado e coa suficiente experiencia para seu manexo, e con todos os dispositivos de seguridade e persoal necesario esixidos en normativa. Camión con 1 operario condutor para transporte a vertedoiro autorizado. De entre os operarios obrigatorios do contrato, a empresa adxudicataria deberá designar un encargado por equipo que coordinará co responsable do Concello de Mos a distribución e correcto desenvolvemento dos traballos. Todos os operarios asumirán a sinalización suficiente dos traballos nas debidas condicións de seguridade, carros de sinalización, sinales verticais, balizamento e demais elementos que garantan unas correctas condiciones de seguridade para os traballadores e usuarios da estrada. Todo de acordo coa normativa e recomendacións técnicas de aplicación á sinalización de obras fixas/móbiles en estradas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad