Sthela Táboas 26/01/2022

Os concelleiros Carolina González e Abel Estévez que formarán parte dos distintos consellos escolares dos centros educativos

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, xunto a concelleira de Educación, Carolina González, mantiveron este martes una xuntanza cos directores dos centros educativos do Porriño e persoal da OMIX, na que tiveron ocasión de presentarse e “establecer a folla de ruta das actividades para o alumnado a realizar neste último semestre do curso escolar”.

Neste encontró informouse dos concelleiros que formarán parte dos consellos escolares, que serán Abel Estévez e Carolina González, declarando esta última que “dende este órgano de goberno dos centros poderase formar parte da comunidade escolar e estar informados da situación e necesidades de cada un deles”, explicou a edil. Tamén se lles realizou unha oferta de actividades dirixidas aos nen@s en idade escolar e invitouselles a colaborar nas actividades que se organicen dende o Concello, a primera delas, o concurso de deseño do cartel do Entroido para este ano.

Pola súa banda, o rexedor amosou a súa “máxima colaboración e implicación cos centros educativos do Porriño”, quen segue a visitar os centros porriñeses para coñecer de primeira man as súas necesidades.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad