Sthela Táboas 25/01/2022

Realizarase o 11 e 12 de marzo e as persoas interesadas teñen ata o 14 de febreiro para inscribirse, ata cubrir prazas por rigoroso orde de entrada

Desde a concellería de Participación Cidadá do Concello de Mos organízase unha nova excursión para maiores incluída no programa municipal ‘É tempo de volver viaxar’. Trátase dunha ruta pola Maragatería e O Bierzo durante os días 11 e 12 de marzo, visitando Sahagún (casco histórico e Praza Maior), León (Catedral e Barrio Húmido) e Balboa e a Serra dos Ancares.

A hospedaxe será en hotel con pensión completa, incluindo almorzo na Palloza, trasporte e seguro de viaxe. Os beneficiarios desta iniciativa son maiores de 65 anos ou pensionistas maiores de 55 anos cun prezo de 130 € por persoa, en habitación dobre, e un suplemento por habitación individual 20 €.

Os obxectivos da iniciativa son dar resposta á demanda da cidadanía de Mos; que desexa volver a viaxar, facer visitas culturais e artístico históricas, favorecer o coñecemento doutras cidades e provincias, promover o turismo como ferramenta de lecer, aprendizaxe e socialización, impulsando a participación e integración social das persoas na comunidade, e previndo a soidade.

Un aspecto moi importante a destacar deste tipo de saídas é que fortalece os lazos entre os veciñ@s, fomentando a súa vez a autonomía persoal, as habilidades de socialización e aprendizaxe, entendéndo este como aspecto imprescindible a desenvolver ó longo da vida. 

Os interesados en participar nesta actividade, poden inscribirse dende este martes 25 de xaneiro ata o 14 de febreiro no Rexistro Xeral do Concello de Mos, na OMIX ou a través da sede electrónica, ata cubrir prazas e por rigoroso orde de entrada. Os interesad@s en obter máis información sobre esta viaxe, poden chamar por teléfono ao número 986 33 94 04.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad