A Corporación municipal de Tui celebra a sesión plenaria do mes de xaneiro o xoves 27 as 20h
Este xoves, 27 de xaneiro, ás 20 h terá lugar a sesión plenaria do concello de Tui. A orde do día consta de 17 puntos.
A actual evolución da situación epimemiolóxica e sanitaria permite volver á celebración dos plenos en sesións públicas, se ben cun aforo do 50%, co fin de manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros. A celebración do pleno deberá realizarse de forma axustada aos requisitos necesarios para evitar calquera tipo de risco de contaxio da enfermidade, polo que o uso da máscara será obrigatoria en todo momento e o público asistente deberá permanecer sentado.
Amais, a publicidade da sesión plenaria e a debida transparencia quedará garantida coa retransmisión da sesión en directo a través da radio municipal (á que se poderá acceder a través da páxina web do Concello de Tui), e a publicación da sesión plenaria na mesma, así como permitindo o acceso de medios de comunicación.