Sabela Landín 19/01/2022
Contratación

Foron 126 as empresas que contactaron con COGAMI para incluír a persoas con discapacidade nos seus cadros de persoal.

Exemplo de inserción é a de Antonio Presa quen entrou a formar parte do equipo de Alsán Global Solution, S.L., compañía especializada na xestión inmobiliaria.

Nos últimos 5 anos, un total de 853 empresas galegas abriron un proceso de selección de persoal no que, na busca de perfís que mellor se adaptaran ao posto demandado, contactaron co Servizo de Orientación e Intermediación Laboral (SIL) da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia e con autorización como Axencia de Colocación número 1200000003.

Destas empresas, 126 proceden das comarcas que son ámbito de actuación da oficina que COGAMI ten operativa en Vigo: O Condado, Paradanta e Baixo Miño. E unha destas empresas inclusivas que aposta pola igualdade de oportunidades é Alsán Global Solution, S.L., especializada na xestión inmobiliaria. Coñecen o labor que desenvolve COGAMI dende hai anos e, cando teñen unha oferta laboral, contactan co seu servizo de intermediación para que lles mande candidaturas para cubrir o posto. En palabras do xerente, Marcos Sanromán “cando temos necesidade contactamos con COGAMI porque para nós é unha opción”.

E nun destes contactos resultou seleccionado Antonio Presa, ao cumprir con todos os requisitos que pedía a empresa. Antonio levaba tempo sen traballar, completando formación que nunca chegaba a demostrar que tiña porque lle faltaba a oportunidade por parte dunha empresa. Cando foi seleccionado por Alsán, dende hai tres anos, demostra as súas capacidades nesta empresa; segundo afirma “asumín enseguida responsabilidades, levo un montón de carteiras, traballo as mesmas horas que o resto, teño un despacho similar aos demais…, non hai diferenzas cos outros compañeiros”.

Antonio ten unha discapacidade física que conta con revisións médicas e cre que acabará nunha intervención cirúrxica, o que lle ocasionaba temor de que a empresa o rexeitara. Para Alsán isto non supón problema algún porque, segundo explica o xerente “se a persoa é comprometida, se fai o traballo, sabes que está agradecida, e o lóxico é cando alguén ten unha oportunidade, que a aproveite”.

Empresas como a que dirixe Marcos Sanromán propiciaron que, nos últimos cinco anos, un total de 1.662 persoas con discapacidade tiveran unha oportunidade laboral, das que 254 son de Vigo e comarcas próximas. Dende o SIL, ademais de realizar seguimentos tanto presencias como telefónicos ás persoas inscritas na súa base de datos, tamén se encarga de contactar coas empresas ás que informa e asesora. Foron 1.603 as empresas visitadas en Galicia nos últimos cinco anos, 260 de Vigo e comarcas próximas. Cada vez son máis as empresas que incorporan aos seus cadros de persoal a profesionais con discapacidade, se ben é certo que o SIL ten que seguir co seu labor de informar, asesorar e sensibilizar a moitas outras que, por descoñecemento, aínda non se atreveron a contratar a persoas con discapacidade e con capacidades

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad