O Porriño anuncia para este ano a inversión da Xunta de 3 millós de euros para a retirada e descontaminación de lindano no Contrasto
Dez anos despois de que tanto o Concello porriñés como a Xunta tivesen coñecemento de presencia de lindano no Louro e o agochasen, comezan a facer algo terra adentro
A Xunta de Galicia investirá 3 milóns de euros nos traballos de retirada e descontaminación dos residuos de lindano no viario principal do Contrasto, en Torneiros, onde se detectou a maior concentración de lindano nas catas efectuadas.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, trasladoulle esta semana ao alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, que as obras comezarán este ano. A conselleira explicou ao rexedor que, con cargo aos orzamentos da Xunta deste ano “xa se está actualizando o proxecto para intervir na pista municipal do Contrasto”, polo que estima que “tan pronto como se complete este paso, poderá iniciarse a tramitación do contrato para executar as correspondentes obras”.
Según as declaracións do alcalde do Porriño “sempre defendín que o problema do lindano hai que abordalo con decisión, non chega con discursos baleiros nin promesas. Para iso é necesario un plan de acción, un esforzo investidor e un compromiso firme de respaldo e colaboración entre administracións, co que dende logo contamos. A descontaminación do municipio é unha responsabilidade que debemos asumir non só para coidar a saúde dos porriñeses e porriñesas de hoxe, senón para deixar un Porriño mellor para os de mañá. Pero as administracións temos que informar e, sobre todo, escoitar á veciñanza durante este proceso. Trátase dun proxecto común de presente e de futuro”.
Semella que Alejandro Lorenzo esquécese de que, cando gobernaba o PP no 2012, en abril do mesmo ano a Confederación Hidrográfica rexistraba na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia un informe no que se daba conta da presenza de Hexaclorociclohexano HCH –lindano- no río Louro e nas augas subterráneas asociadas. Así mesmo, nesta comunicación se informaba de que tamén se lle traslada á Consellería de Sanidade e ao Concello do Porriño.
Quizáis a pregunta á que debería respostar o agora alcalde e naquel entonces concelleiro, Alejandro Lorenzo, é a de ¿por qué neses intres non se fixo nada e se agochou á veciñanza?