Entre o 24 e o 27 de febrero disputaranse as catro etapas –unha por provincia- sendo a primeira duns 163 km con saída na vila porriñesa y chegada a Vigo
Coa primeira etapa e co apoio da Deputación de Pontevedra, O Porriño converterase o vindeiro mes de febreiro en anfitrioa da Volta Ciclista a Galicia que, baixo o nome de “Gran Camiño”, devolverá á provincia e á comunidade galega unha volta ciclista profesional por etapas despois de tantos anos, unha vez que en 2002 a Volta foi relegada á categoría amateur.
Esta nova proba por equipos, que será incluída no calendario da Unión Ciclista Internacional amáis de que suporá a volta á categoría 2.1, percorrerá entre o 24 e o 27 de febrero as catro provincias galegas, unha por etapa.
Cun percorrido espectacular, a primeira etapa con saída no Porriño e chegada en Vigo será o 24 de febrero, suporá que a provincia sexa a anfitrioa da chegada dos equipos a Galicia. A etapa conta coa colaboración da Deputación cunha achega de 100.000 €. Será unha etapa de algo máis de 163 km chaira na súa maior parte, na que a 23 km da meta, os corredores subirán a Peinador antes de chegar ao sprint no centro de Vigo.
Xa está confirmada a participación de Movistar, Israel Start Up Nation, Education First, Cofidis, Tavira e Euskaltel Euskadi. Tamén do RP-Boa Vista, Eolo Kometa, Androni Giocattoli e Bardiani.
A institución provincial sigue así na súa aposta polos grandes eventos deportivos como motor de recuperación do deporte e da actividade social e económica na provincia. Tamén pola vinculación do turismo deportivo que o Plan Estratéxico de Deportes xa establece como clave para fixar a marca Pontevedra Provincia, xa que a proba será televisada a nivel mundial. Do mesmo xeito, a Deputación pon en valor o traballo conxunto das administracións -a Xunta de Galicia tamén respalda o evento- para o desenvolvemento de acontecementos tan notables como este e a necesidade de seguir coa vista posta en obxectivos comúns co fin de engrandecer o deporte e o territorio.
O rexidor porriñés, Alejandro Lorenzo, que acudíu o pasado venres á presentación oficial da proba declarou que “Como alcalde e como porriñés é un orgullo que O Gran Camiño comece no Porriño. O noso é un concello berce de ciclistas, onde este deporte ten unha arraigada tradición. Tamén é un concello de comezos, que abre unha nova etapa na que perseguimos unha maior proyección cara o mundo. O Porriño é un lugar único e o mundo debe coñecernos” e concluíu engadindo que “’O Gran Camiño’ será un escaparate perfecto que nos axudará a conseguilo”.