Sí que foi aprobada por unanimidade a moción de Esquerda Unida para unha auditoría de contas no Concello do Porriño pero sen embargo non consideran que as macrogranxas sexan un problema para Galicia
O pasado mércores 12 de xaneiro tivo lugar o Pleno Ordinario, no que EU Son presentou varias mocións.
A moción sobre a Policía Local non foi adiante polo votos en contra do PP e o PSOE “que nos acusan de estigmatizar a este corpo. Insistimos, unha vez máis, que non se trata de enlamar a todo o servizo senón de sinalar determinadas prácticas e propoñer medidas de mellora” aclaran dende EU Son. Por outra banda “con relación aos presuntos abusos policiais do 16/05/21 denunciados por un veciño, aclarar que aínda se abre agora expediente disciplinario (11/01/22), quedando claro en sesión plenaria que Eva García de la Torre faltou á verdade ao afirmar, repetidamente ao longo de máis de medio ano, que xa había un instrutor como tal”, matizan dende o grupo de esquerda.
O 1º tenente alcalde e concelleiro de Seguridade, Abel Estévez, no que atinxe a queixas da cidadanía sobre faltas da Policía Local explicou que “nos últimos tres anos foron moi poucas as queixas recibidas” e coñece “tres, realizadas según me manifestou a anterior concelleira, Lourdes Moure, nas que dúas foron resoltas nunha reunión coa mesma, dándolle a razón aos policías os propios cidadáns que realizaron as queixas”. No caso do terceiro “está xudicializado, hai que preservar a presunción de inocencia tanto do axente como do cidadán e veremos que dictamina a xustiza”.
Estévez resaltou que “a plantilla da Policía Local do Porriño está formada por 19 axentes, 2 de eles de baixa laboral, cunha poboación que recomendarían ter como mínimo uns 30 axentes”. Tamén aclarou que a desproporcionalidade entre axentes no reparto de horas extraordinarias ven dada porque “hai axentes que non queren facer horas extras por conciliación familiar o por motivos persoais e non se obriga a ninguén”.
En referencia ao uso de vehículos municipais sen rotular por parte de funcionarios, o concelleiro aclarou que xa se rescindíu dunha parte dos vehículos de renting –aínda que esta semana todavía circulaba algún dos retirados de mans do seu habitual- pero xustificou que “é necesario que se un operario municipal ten que acudir a alguna avería urxente, dispoña dun vehículo municipal no que desprazarse”. Non fixo mención ao uso dos mesmos, por parte dalgúns axentes da Policía Local e que ademáis foron vistos noutros concellos.
A anterior concelleira de Seguridade, Lourdes Moure, fundamentou o uso de vehículos municipais por parte da Policía Local do Porriño “porque teñen un equipo de VIOXEN que precisa estar dispoñible as 24 h ao día os 365 días do ano. Na miña época tiñan 8 víctimas de violencia de xénero”. Moure tamén se dirixíu ao PP cun “a quen queren enganar” referíndose á penalización dos 3.300 € do renting, que anunciaban esta misma semana.
Na moción presentada por EU SON para a realización dunha auditoría das contas do Concello saíu adiante por unanimidade. Deste xeito “sendo un acordo plenario, acada máis forza o encargo destes traballos para coñecer con certeza a situación económico financeira do Concello. Saberase definitivamente se é tan boa como asegura o equipo de goberno saínte ou tan mala como afirma o entrante”. No referido á moción para o rexeitamento da instalación de macrogranxas aprobouse, pero tanto PP como PSOE abstivéronse “porque non ven a gandería intensiva como un problema para Galicia. Unha mágoa que non vexan este tipo de explotacións como unha ameaza para o medioambiente, a saúde e o emprego” rematan dende EU Son.