No nº de tlf 665 571 555 pódese concretar a cita para depositar ao carón do contenedor os enseres voluminosos para a súa recollida no día e hora acordados
O Concello do Porriño, a través da concellería de Limpeza dirixida por José Carlos González, lembran á veciñanza a “prohibición de depositar enseres na vía pública” xa que o municipio conta cun servizo de recollida de voluminosos, co cal se concerta cita previa.
Dende a concellería de Limpeza informan que “para desfacerse de colchóns, mobles e obxectos de gran tamaño hai que solicitalo chamando por teléfono ao 665 571 555, onde se lles informará da hora e lugar donde deberán depositar os enseres para que sexan recollidos”. A maiores, anuncian que nos vindeiros días este nº de teléfono anunciarase tamén nos contenedores.
Dende o Concello tamén indican que a fin de facilitar o servizo aos cidadáns, a recollida é “polo de agora, de carácter semanal e a demanda”.