Sabela Landín 15/01/2022
cogami

A maior parte das consultas que chegaron concentráronse na provincia de A Coruña (62%), seguidas da de Pontevedra (24%), Ourense (11%) e Lugo (3%).

A área de Accesibilidade de COGAMI realizou durante o ano 2021 un total de 53 intervencións e respondeu  a 20 consultas, todas elas referidas a como levar a cabo melloras en espazos privados ou comunitarios, como tamén, para asesorar sobre itinerarios accesibles en espazos públicos.

Unha intervención consiste na visita dun profesional experto en accesibilidade universal ao domicilio da persoa usuaria para tomar datos, medidas e fotografías dos espazos para posteriormente elaborar un informe acompañado duns planos, cando resulta necesario, nos que se reflicte o estado actual e as propostas de mellora da vivenda, espazos comúns ou espazo público, sempre tendo en conta as necesidades que presenta a persoa.

Dende que inicia en 2003, a área de Accesibilidade de COGAMI ten como función asesorar sobre axudas técnicas e lexislación para que os espazos e servizos sexan humanizados conforme a criterios de accesibilidade universal. Se ben nos inicios o cometido principal era resolver problemas na vivenda familiar, co paso do tempo ampliou esta función, de maneira que actualmente ofrece un servizo de asesoramento en obras de espazos urbanos en beneficio do conxunto da sociedade.

A maior parte das consultas, todas estas remitidas a COGAMI a través de chamadas telefónicas, por correo electrónico e en menor medida presencial coa pandemia, foron trasladadas tanto por persoas con discapacidade ou familiares como tamén dende entidades, empresas e mesmo dende representantes da administración pública. En canto ás temáticas destas, están relacionadas en como facer accesible o acceso a unha vivenda familiar, como adaptar un aseo ou como facer unha senda pública accesible a todas ás persoas.

Melloras nos espazos públicos

Algúns dos proxectos realizados durante 2021 estiveron relacionados coa mellora na accesibilidade de espazos públicos como a elaboración dun informe e proposta de mellora da accesibilidade do edificio do concello de Allariz ademais de labores de asesoramento dos concellos de Vigo e Ponteareas. A realización dun informe sobre o estado da contorna do paseo e o acceso á praia de Bueu e do Espadanal en Muros, o deseño dos plans de accesibilidade dos concellos de Xinzo de Limia e Santiago de Compostela, os informes de accesibilidade de espazos como o colexio Vite de Santiago, a colaboración nun dos programas O Teu Xacobeo xunto con AGAN+, o Club de Financeiros de A Coruña ou do Museo do Viño en Salvaterra, foron outros dos proxectos nos que traballou a área de Accesibilidade de COGAMI. Empresas privadas tamén contactaron con COGAMI para seren asesoradas na mellora da accesibilidade e na prestación de servizos como o turismo. Nos dezanove anos de traxectoria da área de accesibilidade de COGAMI lévanse resolto un total de 3.361 consultas sobre como facer habitables para todas as persoas espazos tanto privados como públicos. Durante o ano pasado, o 62% das consultas recibidas procedían da provincia de A Coruña, o 24% da de Pontevedra, o 11% de Ourense e o 3% de Lugo

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad