Mónica Romero 13/01/2022

Salvaterra ven de sacar un listado dos novos cursos e actividades que se levarán a cabo no Centro dende marzo a Decembro do 2022

Volven as actividades de dinamización no Centro Social do Maior, ubicado na parroquia de Leirado. Este edificio, onde se ubicaba o antigo consultorio médico, foi rehabilitado polo actual grupo de goberno co fin de dotar dun espazo exclusivo os seus maiores, un espazo onde poidan convivir, realizar actividades e socializar. Dentro desta liña de traballo o concello mantén o seu empeño e compromiso de manter e dotar de vida as instalacións públicas, e neste senso de facer da instalación un ambiente de ocio, aprendizaxe, comunicación, socialización e outros beneficios psicosociais para os seus maiores. 

     É por iso que O Concello de Salvaterra  ven de sacar un listado de novos cursos e actividades de diversa índole, que se levarán a cabo no Centro durante os meses de marzo a Decembro do 2022.

    Ximnasia, Memoria, Pilates, Internet, Restauración, Pintura, entre outr@s, son algunhas das actividades propostas para facer as ledicias d@s usuari@s deste novo espazo. 

  Para participar nas diferentes actividades ofertadas polo Concello de Salvaterra de Miño no Centro Social do Maior, só tes que inscribirte en animacionenredos@gmail.com ou no teléfono 644 896 840 / 986 658 126  ou en información no Concello.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad