Sthela Táboas 11/01/2022

Na súa rolda de xuntanzas coas asociacións veciñais e culturais do municipio, Alejandro Lorenzo mantivo un encontro en Budiño coa Asociación Cultural A Forna coa que se comprometeu a executar melloras reiterando “o compromiso rotundo do novo goberno co tecido asociativo do municipio”

Tal como fixo anteriormente cos veciños de Torneiros, o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañado dos concelleiros Bienvenido Estévez e José Carlos González, mantiveron un encontro con representantes da Asociación Cultural “A Forna” de Budiño.

Dende a directiva da asociación, reclamaron  mellora das instalacións e equipamentos do Centro Cultural de A Forna “que presenta unha evidente falta de mantemento, co conseguinte perxuizo que iso supón para os usuari@s”.

O alcalde comprometeuse a executar con inmediatez “as demandas máis urxentes, entre as que se atopan o arranxo ou substitución da cadeira salvaescaleiras, o problema de humidades que presentan varias salas do centro e material necesario para poder levar a cabo as actividades que se desenvolven no mesmo”.

Lorenzo explica que “o compromiso deste goberno e o meu persoal coas asociacións das parroquias e do centro é rotundo. Iso inclúe tamén a mellora dos espazos públicos dos que fan uso. O estado de abandono no que se atopan moitos deles, que impide que poidan desenvolver a súa actividade en condicións óptimas, require que marquemos prioridades e identifiquemos todas e cada unha das súas necesidades para poder dar resposta a todas elas”. 

Dando continuidade a iniciada rolda de xuntanzas, o rexedor reunirase “con todas e cada unha das asociacións e colectivos do Porriño. Contamos cun amplo e rico tecido asociativo e imos escoitalas a todas e atender as súas demandas. Estamos traballando xa para pechar os convenios anuais e formalizalos nas próximas semanas a fin de que poidan programar e desenvolver a súa actividade e comezar os cursos que imparten”.

O concelleiro de Cultura, Asociacións e Parroquias, Bienvenido Estévez, manifestou a súa intención de “potenciar a actividade das asociacións e o importante labor que desenvolven coa veciñanza, promover a colaboración entre elas e co Concello para poner en valor e afianzar o asociacionismo porriñés”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad