Mónica Romero 07/01/2022

Salvaterra de Miño remata as obras do pavillón que luce un novo aspecto totalmente rexuvenecido

O Concello de Salvaterra de Miño ven de rematar as obras de acondicionamento e renovación da pista de xogo do Pavillón “Cándido Carrera”. Este traballo levouse a cabo durante as vacacións de Nadal e consistíu no pulimento e sustitución da tarima polo uso das distintas modalidades deportivas que se practican, así como o varnizado compreto e pintado das liñas que delimitan as superficies deportivas. 

Deste xeito, o pavillón luce un novo aspecto totalmente rexuvenecido e idóneo para a volta do Nadal, polo que os nosos deportistas gozarán das mellores condicións dunha infraestructura renovada e lista para ter unha competición e uns adestramentos nas mellores condicións.

O Pavillón Cándido Carrera é un dos mellores pavillóns de toda a contorna, conta cunha das mellores pistas  adaptadas ao xogo de fútbol sala, balomnán, bádminton, baloncesto, patinaxe e as diferentes actividades deportivas que se levan a cabo tanto por parte do CEIUP Infante Felipe e a ANPA.

A día de hoxe está sendo empregado polo colexio, pola AMPA e por catro asociacións deportivas do municipio que, xunto ao pavillón municipal de Leirado, ofrecen unha ampla posibilidade de aumentar o rendemento deportivo de todo o municipio.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad