Sthela Táboas 03/01/2022

O veciño detido pola Policía Local quedou en liberdade e deberá cumprir unha orde de afastamento

Axentes da Policía Local do Porriño procederon á detención de S.A.R., de 61 anos, veciño da localidade porriñesa por ameazar cun cóitelo ao seu pai de avanzada idade. Os feitos ocorreron na tarde do día de Noitevella.

Era o dono dun bar próximo á casa do pai, quen avisou aos axentes do que estaba a suceder, conseguindo ocultar ao home maior no seu establecemento, para que o seu fillo non o localizase e evitar así que atacase ao seu propio pai.

Por este motivo, procedeuse de inmediato ao desprazamento dunha patrulla da Policía Local, que conseguíu localizar e deter ao presunto autor dos feitos -que ten varios antecedentes policiais- e trasladado ao Hospital Alvaro Cunqueiro, ao presentar diversos cortes por autolesionarse cun coitelo en diversas partes do corpo.

Unha vez posto a disposición xudicial, o xuíz de garda ditou a súa posta en liberdade e decretou como medida cautelar una orde de afastamento ao seu pai.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad