Repartidos en 25 nen@s por cada unha das catro actividades, esgotáronse as 100 prazas para participantes
Hoxe e mañá martes, continúan os Obradoiros de Nadal na Biblioteca Municipal de Tui que contan con gran acollida ao completarse todas as prazas dispoñibles.
Así un centenar de nen@s, 25 por actividade, están a participar nestas festas nos catro obradoiros promovidos pola Biblioteca Pública Municipal tudense no seu programa de actividades de animación e dinamización da lectura.
As primeiras citas foron o pasado mércores 29 e xoves 30 de decembro cos obradoiros “Arte con papel – Papiroflexia/Origami” e “Reciclando a Música – Instrumentos con material reciclado.
Hoxe luns partir das 17 h os cativos e cativas inscritos participarán en Cobrando Vida – Creación de marionetas” e mañá á mesma hora será a quenda de “Escola de maxia – xogos de maxia”.
O obxectivo destes obradoiros, segundo sinala a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, é favorecer entre os rapaces e rapazas a creatividade como unha forma de enriquecemento para o tempo de lecer.