Estas axudas van para 8 obras cos concellos de Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, Mondariz, As Neves, Ponteareas e Salvaterra
O departamento de Patrimonio da Deputación vén de aprobar o reparto de 376.824,55 € en axudas para proxectos de rehabilitación do patrimonio histórico cultural en toda a provincia. En total financiaranse 47 actuacións de posta en valor da riqueza patrimonial en concellos de todas as comarcas mediante a súa recuperación e mellora.
Segundo explica a deputada de Patrimonio María Ortega, a partida inicialmente destinada ás subvencións ascendía a 300.000 €, mais incrementouse en case 77.000 € co fin de financiar a maioría das actuacións na súa totalidade. De feito, todos os concellos reciben a cantidade económica solicitada salvo tres, Meis, Gondomar e Redondela, que reciben cifras moi superiores á media, por enriba dos 21.000 €.
Ortega lembra que desde o ano 2016 a Deputación de Pontevedra conta estas liñas de subvencións que pretenden a restauración de bens inmobles de titularidade municipal que teñan un recoñecido valor arquitectónico, histórico, artístico, paleontolóxico, arqueolóxico ou etnográfico, ademais dos conxuntos urbanos, sitios naturais, xardíns e parques que teñan valor artístico, histórico ou antropolóxico; a adquisición de bens inmobles integrantes do patrimonio histórico da provincia de Pontevedra e a instalación de paneis informativos no patrimonio histórico e cultural dos bens inmobles de interese municipal, os conxuntos urbanos, as parroquias, os xacementos e as zonas arqueolóxicas, ademais dos sitios naturais, os xardíns e os parques que teñan un recoñecido valor arquitectónico, histórico, antropolóxico, artístico ou etnográfico dentro do ámbito territorial da provincia de Pontevedra. De feito, entre as subvencións deste ano encóntranse cuestións tan diversas como contornas arqueolóxicas, petos e cruceiros, lavadoiros, paneis informativos ata a reposición de tapizados en algunha casa consistorial.
A comarca de Pontevedra recibe axudas para catro dos seus municipios por valor total de 20.166,06 €: Barro 8.276,40 € (100%) para o remate de carpintería no pazo de San Antoniño; Campo Lameiro 2.965,44 € (88,44%) para a restauración e posta en valor dos restos do baldaquino de San Isidro de Montes; Cerdedo-Cotobade 3.916,77 € (100%) para a restauración do cruceiro dos Barreiros; e Ponte Caldelas, 5.007,45 € (100%) para a segunda fase da ruta interpretativa da arquitectura indiana.
O Condado-Paradanta reúne oito actuacións subvencionadas por valor de 43.597,54 €: Arbo destinará os fondos ao proxecto de obras de rehabilitación do casco histórico, 3.017,18 € (67,21%); A Cañiza, 4.608,60 € (100%) para a conservación do peto de ánimas de Vilariño en Santiado de Parada; Covelo, 12.421,86 € (100) para a intervención arqueolóxica no recinto do Castelo do Faro; Crecente, 3.000 € (100%) para a sinalización do patrimonio histórico cultural; Mondariz, 3.590,95 € (100%) para a sinalización interpretativa da parroquia de Sabaxáns e da igrexa de Mouriscados; As Neves, 3.242,80 € (100%) para a sinalización do patrimonio do municipio; Ponteareas, 9.623,15 € (89,26%) para a rehabilitación do peitoril de Ponte Maceira; e Salvaterra de Miño, 4.093 € (100%) para a limpeza e instalación de empedrado de lastros no cruceiro das Arras.
O Baixo Miño recibirá, pola súa banda, 47.205,08 € que se investirán en cinco actuacións de mellora: A Guardarecibe 5.286,63 € (64,32%) para a recuperación da fonte lavadoiro da Silveira; O Rosal, 4.767,40 € (100%) para a mellora e redescubrimento do castro da Bandeira e os seus arredores; Salceda de Caselas, 5.445 € (100%) para a restauración e posta en valor do peto das ánimas da Bugarina;Tomiño, 20.392,55 € (100%) para a rehabilitación do lavadoiro Fonte do Ramo; e Tui 11.313,50 € (100%) para a sinalización do patrimonio cultural da vila.
A comarca de Vigo recibirá 57.217,25 € para seis concellos: Fornelos de Montes 3.953,61 € (100%) para recuperación de fonte tradicional; Mos, 8.591,42 € para a sinalización do patrimonio histórico cultural; Pazos de Borbén, 3.010,48 € (100%) para a sinalización do patrimonio eclesiástico da vila; O Porriño, 10.296,17 € (100%) para a restauración e posta en valor do lavadoiro de Regadas; Redondela, 28.449,47 € (98,15%) para a actuación na fonte Raíña e conservación do peto de ánimas e cruceiro en Cedeira; e Soutomaior, 2.916,10 € (100%) para a sinalización da ponte medieval de Comboa (Ponte Vella).
A comarca do Val Miñor fai pleno de subvencións para todos os seus concellos e recibirá do departamento de Patrimonio provincial 45.881,48 €: Baiona 6.097,89 (83,58%) para a rehabilitación do lavadoiro de Riveira; Gondomar 26.207,58 € (41,11%) para a conservación e mantemento no eido da casa Peralba; Nigrán, 10.381 € (100%) para a limpeza, roza e sinalización da contorna dos muíños de Rodas; e Oia, 3.195,01 € (100%) para a sinalización da contorna natural do pozo do Arco e Pozas de Lourezá.
A comarca do Salnés ingresará 54.694,33 €: Cambados, para a restauración da fonte da praza de Alfredo Brañas 9.854,23 € (100%); Meis, 21.902,55 (61,42%) para a recuperación, posta en valor e socialización do petróglifo de Outeiro do Cribo; Ribadumia, 3.300,68 € (52,82%) para a mellora da contorna da fonte e lavadoiro do Corvo; Vilagarcía, 13.982,24 € (100%) para a reposición de tapizados no salón nobre da Casa Consistorial; e Vilanova de Arousa, 5.654,63 € (100%) para o proxecto de escavación arqueolóxica no sector sur do castro e mosteiro de Cálogo.
A comarca do Morrazo mellorará cinco proxectos grazas á axuda provincial que ascende a 46.527,96 €: Cangas 9.078,46 € (50,39%) para a sinalización do casco histórico, Marín 14.967,70 € (100%) para a restauración dos portais de acceso ao mercado de abastos; Moaña, 17.484,50 € (100%) para a recuperación e restauración da muralla da torre de Meira; e Vilaboa, 4.997,30 € (100%) para a sinalización e conservación das mámoas do lago de Castiñeiras.
Na comarca de Caldas os fondos para proxectos de mellora do patrimonio chegarán a catro concellos, cun valor que chega aos case 21.000 € (20.993,5€): Caldas de Reis 4.041,40 (100%) para a restauración do límite urbano da praza entre as rúas Real e da Igrexa; Catoira, 5.989,50 € (100%) para a sinalización e posta en valor dos petróglifos de Pedras Minas; Moraña, 8.107 € (100%) para a elaboración e instalación de paneis informativos do patrimonio histórico cultural do municipio; e Portas, 2.855,60 € (100%) para a sinalización do patrimonio xeral no municipio. A comarca do Deza-Tabeirós ingresará 33.629,68 € para cinco proxectos: Agolada, 3.272,69 € para a sinalización da ponte dos Cabalos (100% do orzamento); Cuntis 3.408,10 € (100%) para a sinalización da senda fluvial dos ríos Gallo e Umia; Forcarei, 3.468,42 € (92,17%) para a conservación ambiental e paisaxística do castro de Garellas; Lalín, 17.787 € (100%) para amellora da capela de Santo Adrao; Silleda, 5.469,20 € (100%) para a mellora da contorna da fonte da Virxe xunto á Capela de San Brais en Chapa; e Vila de Cruces, 3.692,69 € (99,99%) para a sinalización do patrimonio histórico cultural do municipio.