Sthela Táboas 03/01/2022

Este martes e mércores a rúa peonil do Porriño acollerá os postos dos artesáns que ofrecerán os seus produtos feitos a man

Trece postos de artesáns instalaránse mañá martes na rúa peonil Ramón González onde terá lugar o “Mercadillo do Revolto”; una feira de artesanía, antigüidades e coleccionismo que se celebrará o martes 4 e o mércores 5.

Esta entidade comezou en 2015, cando un grupo de artesáns puxeronse dacordo para ofertar as súas creacións a través de mercadillos, que se celebran en diferentes concellos galegos.

Entre os productos e materiais que se ofrecen atopamos artesanía do coiro, madeira, cristal ou barro; bisutería; complementos de moda como bolsos, carteiras, máscaras feitas a mán, entre outros; e finalmente, xoguetes artesanais.

Os postos Terán un horario de venda ao público das 10.00 ás 20.00 h este martes, e de 10.00 ás 17.00 h o mércores.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad