O departamento de Servizos Sociais do Concello de Salvaterra de Miño recibe 9.000 kg de alimentos da Cruz Vermella
O Concello de Salvaterra de Miño, a través do departamento de Servizos Sociais e do programa de alimentos, repartíu este ano máis de 15.000 kg de alimentos entre os usuarios do programa municipal, onde son atendidas unha media de 30 familias.
Todos os meses faise un reparto, por un lado cos alimentos procedentes de Cruz Vermella, que neste ano entregou máis de 9.000 kg; alimentos e produtos adquiridos polo propio Concello de Salvaterra; e os dos doados por empresas locais e veciños.
No mes de decembro faise unha entrega especial pola época de Nadal, sobre todo naquelas familias onde hai nen@s, con agasallos e produtos para as festas, co fin de que poidan disfrutar destas datas con toda a maxia e ilusión.