Sabela Landín 30/12/2021
Malvela

O lanzamento está previsto para a vindeira primaveira

As xornadas de gravación tiveron lugar onte e antonte no Centro Dotacional, onde recibiron a visita da alcaldesa e da concelleira de Cultura

O emblemático grupo mosense, Malvela, do que forma parte a cantante Uxía, realizou en dúas xornadas desenvolvidas onte e antonte, a gravación do seu novo disco que está previsto sala á luz a vindeira primavera. A gravación realizouse nas instalacións do Centro Dotacional de Torroso que alberga a Escola Municipal e Conservatorio Profesional de Música de Mos.

As Malvela recibiron na tarde de onte, mentres gravaban en Torroso, a visita da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e da concelleira de Política Social e Igualdade, Participación Cidadá, e Cultura e Turismo, Sara Cebreiro.

As representantes municipais, Arévalo e Cebreiro, déronlles ánimos nesta nova andadura musical e felicitáronas pola súa extensa e exitosa carreira e por ser “auténticos exemplos de mulleres rurais empoderadas, artistas e profesionais dun sector, o musical, aínda con predominancia masculina”.

O grupo musical Malvela é un dos principais emblemas culturais do Concello de Mos, promotor da tradición galega e mosense, e da identidade cultural e musical senlleira. Ao tempo que visitaban ás integrantes da agrupación musical, rexedora local e edil de Cultura aproveitaron para felicitarlles as festas do Nadal e desexarlles un bo Fin de Ano e próspero Aninovo; e declararon que “é unha honra e un verdadeiro orgullo poder rematar o ano 2021 compartindo un rato co grupo mosense máis emblemático e facelo ademáis anunciando a boísima nova do novo disco que poderemos escoitar en poucos meses e que, de seguro, fará as delicias dos amantes da nosa música tradicional”

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad