O novo alcalde do Porriño comeza a atender as demandas veciñais optando como primeira medida coa urxencia da posta a punto das areas de lecer dos máis cativos
Unha das primeiras medidas ordeadas polo alcalde Alejandro Lorenzo, é a reparación urxente de columpios e outros elementos de todos os parques infantís do concello.
Esta mañá no Parque Infantil, tres operarios do servizo de Deportes comezaron a reparar o tobogán e outros elementos deste espazo, que se atopa en estado de abandono. O alcalde, en compañía do concelleiro Abel Estévez, acudíu a comprobar o inicio dos traballos.
Alejandro Lorenzo decidíu que “o mantemento dos parques infantís corre directamente á competencia da Concellería de Deportes, que conta con medios propios para acometer esta actuación de emerxencia, que se estenderá a todos os parques infantís do municipio que se atopen nun estado lamentable” segundo o novo concelleiro porriñés.
Alejandro Lorenzo anunciou que se fará un “mantemento diario” e, a principios de ano “trataremos de destinar un orzamento para mellorar os parques infantís do Porriño, cunhas instalacións acordes ao século que vivimos” concluíu Abel Estévez.