Sabela Landín 23/12/2021
Cans

En colaboración con Gadis, o Festival encheu un chimpín de 25 cestas de Nadal, que repartiu entre as persoas que prestan as súas casas.

O certame continúa deste xeito o seu compromiso coas veciñas e veciños e coas actividades da aldea, patrocinando tamén o novo concurso de decoración navideña que comeza este ano.

O Festival de Cans quixo agradecer nestas datas de Nadal a colaboración de todas as veciñas e veciños da aldea, repartindo entre todos eles un chimpín cargado con 25 cestas navideñas, conducido polo chimpineiro Constante Romero.

Estas cestas valoradas en 50 euros, que se entregaron no Torreiro de Cans grazas ó apoio habitual de Gadis, patrocinador do festival, queren ser un agradecemento da organización a todas as persoas que durante o festival prestan desinteresadamente os seus baixos, galpóns ou adegas, para convertelos en salas de proxeción, lugares de concertos, zonas de comidas e convidados ou almacéns de produción.

 O membro da organización Abel Gallego estivo presente na entrega e deu ás grazas a veciñas e veciños pola cesión das súas propiedades, incluso en momentos máis complexos, como o vivido nestas dúas últimas edicións, debido ás restriccións derivadas da pandemia.

Esta cesión é un feito que converte a Cans nun dos festivais máis singulares do mundo, ó permitir que as súas propiedades privadas se convirtan nuns días en espazos públicos, abrindo con xenerosidade as portas a todo o mundo para compartir cine, música ou coloquios e encontros.

Accións de apoio do Festival á aldea de Cans

Esta entrega enmárcase dentro do apoio que o festival de Cans quere prestar a aldea, e que se suma a accións como a entrega o pasado mes de outubro de trinta vales desconto en material escolar, destinado a todas as rapazas e rapaces da aldea que colaboran de xeito entusiasta coa organización.

Outra das accións será o patrocinio e a loxística de apoio que o Festival de Cans prestará este Nadal á nova Asociación Cultural da aldea, para a realización do I Concurso de Decoración Navideña nas casas da aldea. Unha iniciativa que estimula a participación veciñal e para a cal está aberto o prazo nestes momentos. O Festival ten entre os seus obxectivos continuar esta colaboración estreita coa aldea e poder contribuir ó desenvolvimento cultural e educativo durante todo ano.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad