Sthela Táboas 22/12/2021

A actuación desenvolveuse no marco do convenio asinado entre a Deputación e o Concello que agora será responsable da súa boa conservación, vixilancia e mantemento

A Deputación de Pontevedra ven de rematar as obras de posta a punto dos semáforos instalados nas estradas provinciais ao seu paso por Mos que, desde a pasada fin de semana, xa están de novo en activo para manter a funcionalidade e seguridade viaria nas estradas, facilitando o seu uso nas mellores condicións de seguridade e comodidade.

Trátase as instalacións semafóricas situadas en zona urbana das estradas EP-2602 Peinador – Louredo, PK 1+650; EP-2601 Mos – Puxeiros , PK 1+800, e na EP-2603 Puxeiros – Peinador, PK 0+020, que regulan a incorporación do tráfico dende vías municipais ao tratarse de interseccións en cruz. Tamén en tramo urbano, no PK 0+020 da EP-2603 existe un paso de peóns regulado con semáforos.

As obras de posta a punto, realizada pola empresa Setgacun coste de 6.282 €, desenvolvéronse no marco do convenio asinado entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Mos, que xa establece que a partir de agora será o Concello o responsable do mantemento dos elementos de regulación do tráfico, mediante a vixilancia periódica da funcionalidade dos semáforos, continuando a ser titular do subministro eléctrico dos mesmos e sendo do seu cargo a conservación De feito, a institución provincial, a través do Servizo de Infraestruturas e Vías Provinciais, remitirá esta semana ao Consistorio a acta de recepción da actuación, para rematar así a tramitación administrativa.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad