Sthela Táboas 22/12/2021

A dirección local do BNG do Porriño considera responsables a PSOE e EU-Son da falta de acordo nunha investidura que pode permitir a entrada da dereita

“A situación de emerxencia alegada por EU-Son para negociar unha moción de censura co PP, xunto a estratexia de bloqueo que compartían no pleno, só serviu para que a anterior alcaldesa dimitira”, afirman os nacionalistas do Porriño.
Neste sentido, o BNG lamenta que “nin o PSOE nin EU-Son tiveran estado á altura das circunstancias; o PSOE por non promover as negociacións na procura dunha persoa candidata de consenso e EU-SON, por ter creado esta situación e priorizar persoas e cargos diante de iniciativas e proxectos para mellorar a vida do concello”.

O BNG ten en marcha “proxectos importantes que buscan un Porriño máis humano, máis verde e con mellores servizos e este modelo de vila que o Bloque impulsa, pódese ver paralizado de entrar o PP no goberno”.

A dirección local do BNG considera que “este tempo de negociacións tiña que ter servido para fortalecer un goberno alternativo ao PP e non para facilitarlle a alcaldía”. Desde o BNG “facemos unha chamada para acordar a investidura: Estamos a tempo de remontar esta situación e non hipotecar o futuro do Porriño se temos vontade de entendemento”, declarou o portavoz nacionalista Pedro Pereira.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad