Mónica Romero 21/12/2021

Máis de 90 mil euros ao abeiro do programa Reactiva II para facer fronte aos efectos da COVID. Suma nas dúas convocatorias máis de 186 mil euros en axudas

O Concello de Tui vén de conceder 85 axudas a autónomos e pequenas empresas ao abeiro do programa Reactiva II para facer fronte aos efectos da COVID 19.

A comezos de mes a Xunta de Goberno Local aprobou un paquete de 85 axudas correspondentes á segunda convocatoria de axudas para traballadores por conta propia e autónomos societarios cuxa actividade sufrira unha caída na facturación superior ao 30 % durante a pandemia. O importe total destas achegas ascende a 90.710,11 euros.

Esta é a segunda convocatoria do programa Reactiva á que se presentaron un total de 109 solicutudes. En 2020 na primeira convocatoria de Reactiva I presentáranse 254 solicitudes. Daquela concedéronse 114 axudas directas por un importe de 95.628,93 euros, na súa maior maior parte a comercio, hostelería e servizos.

Deste xeito o concello de Tui ten destinado de 186.339,04 euros ao programa Reactiva, dos que 95.628,93 euros corresponden á primeira convocatoria e 90.710,11 euros á segunda. Dos máis de 186 mil euros concedidos nestas axudas 48.868,86 euros foron aportados pola Deputación de Pontevedra.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad