Sthela Táboas 21/12/2021

“Porriño escapa das clásicas San Silvestres que se solapan a finais de ano coa carreira Nocturna de Reis” declarou David Alonso

O triatleta medalla de prata nos Xogos Paralímpicos de Tokio agarda que “as lesións evolucionen e me permitan vir ao Porriño e facer algunha rodaxe ese 8 de xaneiro”

Aínda que se exise pasaporte Covid e proba negativa “se houbese un aumento das restricións decidiríamos adiar a data da celebración” indicou Pedro Pereira

Esta maña tivo lugar, no Polideportivo Municipal do Porriño, a presentación da Carreira Nocturna de Reis que celebrará no casco urbán porriñés o vindeiro o 8 de xaneiro. Contou coa presenza do alcalde en funcións, Pedro Pereira: co concelleiro de Deportes, David Alonso; e co triatleta e medalla de prata nos Xogos Paralímpicos Tokio xunto a Héctor Catalá, Gustavo Rodríguez, quen interveu como padriño da presentación.

O titular de Deportes declarou que se trata “dun novo concepto, fuximos das clásicas San Silvestres que se solapan a finais de ano e apostamos por unha proba orixinal”

Pedro Pereira e Alonso Bargiela explicaron as características do percorrido de 3 km, que parten da rúa Antonio Palacios, á altura do Instituto “Pino Manso” e remata en pendente antes do Pavillón Municipal de Deportes.

A partir de mañá mércores ábrese o prazo de inscrición, que se pode realizar de forma telemática na páxina web www.carreirasgalegas.com, baixo o patrocinio da Federación Galega de Atletismo e coa colaboración do Club Atletismo Porriño.

O concelleiro de Deportes anunciou que todos os participantes deberán presentar, como requisito indispensable, o pasaporte de vacinación contra o Covid ou a proba negativa.

Gustavo Rodríguez agradeceu a súa elección como “cabeza visible deste evento” e facendo alusión á súa recuperación física, expresou o seu desexo de que “as lesións evolucionen e me permitan vir ao Porriño e facer algunha rodaxe ese 8 de xaneiro e poder gozar do ambiente da carreira, que de seguro será un éxito”, afirmou o triatleta tudense, tan vinculado ao atletismo porriñés.

O alcalde accidental, Pedro Pereira considerou un éxito “a decisión de David Alonso de trasladar a carreira a xaneiro” e agradeceu a asistencia de Gustavo Rodríguez á presentación “porque é un reclamo para fomentar a participación tanto de afeccionados como de profesionais”. Así mesmo, manifestou que estarán moi pendentes da evolución da actual sexta onda da pandemia “estamos nunha situación sanitaria complicada e se houbese un aumento das restricións decidiríamos adiar a data da celebración”, indicou o alcalde en funcións.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad