Son doce persoas nas que se están a formar nun curso que está cofinanciado pola Consellería de Emprego e Igualdade e o Ministerio de Educación e Formación Profesional.
As instalacións que COGAMI ten en Vigo (rúa Teixugueiras, nº15, baixo) acollen un curso AFD (Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas) de Competencias en Matemáticas nivel 2.
Esta formación, que cofinancian a Consellería de Emprego e Igualdade e o Ministerio de Educación e Formación Profesional, consta de 138 horas lectivas que se imparten ata o día 28 de xaneiro de 2022, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Esta formación, ademais do módulo de matemáticas, tamén contará con dous módulos transversais, sendo un deles sobre inserción laboral, sensibilización medioambiental e igualdade de xénero con 10 horas de duración, ademais doutro módulo de formación para a igualdade de 8 horas de duración.
O curso inicia con 12 persoas, 8 mulleres e 4 homes, todas elas con certificado de discapacidade do 33% como mínimo ou de incapacidade laboral para a profesión habitual, procedentes dos concellos de Vigo, Baiona e Salvaterra do Miño. COGAMI proporciónalle ao alumnado as destrezas profesionais que lle permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo, co fin de acadar a plena participación social e laboral. Todas as persoas que iniciaron este curso estaban apuntadas no servizo de emprego que ten COGAMI