Sthela Táboas 21/12/2021

Situada xunto ao Parque Público A Canuda, conta cun novo acondicionamento e imaxe, baixo a marca Río Minho que conxuga paseos polos sendeiros fluviais con paseos en bici

A Oficina de Turismo xunto ao Parque Público A Canuda, inaugurada no pasado mes de agosto, e situada nun punto estratéxico da nosa vila, atende tanto as demandas que solicitan @s usuario@s do servizo gratuíto de bicicletas como @s turistas que se achegan a buscar información turística sobre ó noso Concello de Salvaterra de Miño.

A oficina de Turismo arranca, dende hai poucas semanas, cun novo acondicionamento e imaxe, baixo a marca Río Minho encaixada dentro do Proxecto Europeo Miño Destino Navegable. Nesta oficina aténdense tanto @s veciñ@s de Salvaterra de Miño que buscan dar un paseo polos nosos sendeiros fluviais como os visitantes e turistas que queren coñecer Salvaterra de Miño sobre rodas. A conxunción de ambos servizos fai que esta oficina recibira a 2.461 persoas durante os meses de agosto, setembro, outubro e mediados de novembro. Sendo esta cifra chave para continuar mantendo estes servizos durante os meses de inverno.

Nesta Oficina de Turismo Municipal, ademais de información turística sobre Salvaterra de Miño, podemos asesorarnos sobre outros municipios da contorna xa que se conta con material turístico de Turismo Rías Baixas, do noso xeodestino Condado-Paradanta e tamén do conxunto de municipios transfronteirizos que conforman a marca Río Minho entre outros. Sendo á única Oficina de Turismo do Condado-Paradanta aberta durante todo ó ano.

Moitas son as familias que se achegan ata ó Parque A Canuda, sendo na fin de semana á maior afluencia destas. Porén deciden dar un paseo polo noso carril bici, coa novidade deste ano, os novos porta bebés e que dende hai pouco tempo tamén contamos con préstamo de casco para eles. Esta iniciativa de servizo de bicicletas de balde é exclusivo en Galicia. Servizo moi valorado entre @s usuari@s que na súa maioría son salvaterrenses e vigueses.

O Concello de Salvaterra de Miño mantén a súa aposta polo sector turístico como promotor económico nestas iniciativas, posto que permite que moitos visitantes decidan coller á bicicleta pola  mañá, quedarse a xantar en Salvaterra de Miño e entregalas bicicletas pola tarde. Porén decidiu continuar con ambos servizos durante á tempada baixa cos seguintes horarios:

O horario daOficina de Turismoé sábados, domingos e festivos de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 19.30 h.

O horario do servizo gratuíto de bicicletas é sábados, domingos e festivosde 10.00 a 13:30 h e de 16:00 a 19:00 h. É recomendable quetódolos menores de 16 anos traian o seu propio casco de protección para poder empregala bicicleta. Os menores de idade precisan consentimento dun titor legal.

O día 25 de decembro e 6 de xaneiro ambos servicios permanecerán pechados. O día 1 de xaneiro abertos.

Para mais información no teléfono 699.090.991 ou turismo2@concellodesalvaterra.org

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad