Este sábado e domingo, 18 e 19, os escultores galegos Juan Coruxo, Remigio Davila e Lorenzo González regresan á Praza da República para o remate dos seus traballos
O pasado fin de semana, Monçao era testigo do inicio da transformación de troncos de ameneiro e castaño nas figuras emblemáticas de San José, da Virxe María e do Neno Jesús na praza da República.
Coas súas motoserras, os artistas e escultores galegos Juan Coruxo, Remigio Davila e Lorenzo González, esculpiron as imaxes nun proceso creativo que aínda non concluíu, retomándose este fin de semana.
Deste xeito, aficionados, profesionais da maeira e público en xeral, poderán comprobar de primeira man como avanza a transformación deste pesebre, en dous días cheos de arte en vivo, nunha vivencia cultural e intercambio de ideas.
O traballo final estará exposto ata a primeira semana de xaneiro, polo que os interesados en pasar por este espazo renovado do centro histórico, poderán apreciar a figura de San José, con preto de 2 m de altura; da Virxe María, con 1,60 m e a do Neno Jesús, con 80 cm.
Integrada no programa ‘Arte á Solta’, propulsado polo Municipio de Monção a través da Plataforma de Arte e Cultura, a iniciativa enmárcase no programa ‘Monção, Un Globo de Natal’. O vindeiro ano, será retomada coa creación tamén en vivo, das demais figuras do Portal de Belén.