Están convocadas 1.600 persoas aínda que aqueles veciñ@s de Salceda maiores de 16 anos que o dexesen, poden acudir a realizar a proba
Dende o Concello de Salceda de Caselas informan que, este mércores 1 de decembro de 2021, o Sergas realizará un cribado no Pavillón Municipal de Salceda de Caselas entre as 8:30 e as 14:30 h, a persoas maiores de 16 anos da vila.
Están convocadas, a través de SMS, 1.600 persoas, aínda que tamén poden acudir a realizar a proba aquelas persoas que, aínda sen estar citadas, estean interesadas en facela.
A alcaldesa, Verónica Tourón, fai un chamamento á colaboración veciñal, pedindo que actúen con responsabilidade e acudan ao cribado.