O cacao ten tradición en Valença e, do 3 ao 8 de decembro, volverá recibir a Fortaleza do Chocolate
A IX Fortaleza do Chocolate promete endulzar a valencianos, turistas e a tod@s @s que se acheguen a Valença, nunha festa na que o chocolate é protagonista e a Fortaleza faise pequena para recibir a tod@s @s amantes deste doce.
A IX edición de Fortaleza de Chocolate, feira/exposición dedicada exclusivamente á degustación e venda de produtos a base de chocolate, estará aberta a todos os públicos do 3 ao 8 de decembro e é gratuita.
O acto desenvólvese nas rúas e prazas da Fortaleza de Valença e conta coa asistencia de reposterías, pastelerías, produtores de chocolate e chocolateiros portugueses e españois.
Bombóns, cupcakes, Cake Pops, waffles, crepes, turróns, brigadeiros, trufas, doces, piruletas de chocolate, brochetas de froitas, cereixas e licores,así coma un sinfín de produtos onde o chocolate é o rei. A feira tamén contará con produtos a base de chocolate sen glute.
Para os amantes da arte de transformar o chocolate, o showcooking ofrecerá experiencias únicas na elaboración de chocolates, esculturas e outras delicias con chocolate.
Tamén haberá animación de rúa e animación musical para agudizar os sentidos e degustar todas as delicias do chocolate. Coa iniciativa “Valença Fortaleza de Chocolate”, o Concello arrinca cunha programación de Nadal que se prolongará ata a Noite de Reis.