Mónica Romero 26/11/2021

Sairán este domingo 28 de novembro as 12 h do Paseo da Corredoira. Previo ao inicio darase lectura ao manifesto e ao remate a tudense Noelia Solleiro interpretará un tema contra a violencia de xénero

200 persoas inscribíronse para participar este domingo na Marcha Ciclista contra a Violencia de Xénero 2021 organizada polo Concello de Tui dentro dos actos conmemorativos do 25N.

Dende ás 11 h na praza da Inmaculada as persoas inscritas poden recolle a súa camiseta conmemorativa. A saída está prevista ás 12h dende o Paseo da Corredoira tras a lectura dun manifestou. A marcha consta dun percorrido de 7 quilómetros, de dificultade doada, que dende o Paseo da Corredoira, irá pola Avenida da Concordia, rúa Loureiro, Veiga do Louro, praia de Areeiros, Veiga do Louro, rúa Palláns, rúa Calzada, Coengo Valiño, Alameda de San Domingos, Xardíns de Troncoso, Paseo Álvarez Blázquez e regresará ao Paseo da Corredoira. Durante a marcha é obrigatorio o uso de casco, e da máscara até o momento da saída, na zona de avituallamento e tras chegar á meta. De regreso ao paseo da Corredoira a tudense Noelia Solleiro interpretará un tema, creado durante a pandemia xunto a Ángel Paz, contra a violencia de xénero.

Colaboran nesta actividade o Club Ciclista Locos por las Bicis, Protección Civil de Tui e a Cruz Vermella Portuguesa

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad