A Concellería de Medio Ambiente anuncia que aínda hai dispoñibilidade polo que os interesados poden solicitalos ao Concello
A Concellería de Medio Ambiente do Concello do Porriño informa de que aínda quedan dispoñibles composteiros individuais ,do último lote de 50 unidades para repartir no prazo recentemente aberto.
Trátase de composteiros para vivendas unifamiliares, cedidos por SOGAMA ao Concello do Porriño.
As persoas interesadas poden solicitalo no Concello a través da sede electrónica, ou ben acudindo persoalmente ao Rexistro Xeral Municipal.
Tamén se pode solicitar directamente a Emilio Rodríguez Cochón, mestre composteiro e técnico superior de residuos do Concello, ben de xeito presencial nas dependencias municipais ou por correo electrónico, enviando a solicitude de composteiro ao enderezo tecnicomedioambiente@oporrino.org