Sthela Táboas 16/11/2021

A adxudicataria do contrato de recollida de lixo comezará a primeiros de ano “pensando en cuestións de xestión” e de cara aos traballadores “para evitar o prexuízo que suporía ter dous pagadores en 2021 a efectos fiscais”

Eva García recibiu na Alcaldía ao representante da empresa Servizos dos Concellos Galegos -SCG-, Francisco Alonso, empresa adxudicataria da recente licitación do contrato de recollida de lixo e que tamén se encargará da recollida selectiva e da xestión do Punto Limpo.

Despois da entrevista, a alcaldesa indicou que o contrato se formalizará nos próximos días, aínda que a concesionaria comezará a funcionar o 1 de xaneiro de 2022.

“Faise pensando en cuestións de xestión. Entre outras razóns para non gravar aos traballadores que actualmente prestan ese servizo noutra empresa e que, lóxicamente serán subrogados, para evitar o prexuízo que suporía ter dous pagadores en 2021 a efectos fiscais. E por outra banda, as empresas que actualmente prestan estes servizos terán marxe ata fin de ano para liquidar todas as obrigas cos seus traballadores en materia de vacacións e outras”, aclarou Eva García de la Torre.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad