Mónica Romero 16/11/2021

A Xunta reclamou esta mañá que o Consello de Ministros ratifique con Galicia un compromiso igual que o establecido coa Comunidade Autónoma de Aragón

A Xunta reclamou esta mañá que o Consello de Ministros ratifique con Galicia un compromiso igual que o establecido coa Comunidade Autónoma de Aragón para atallar a contaminación por lindano no concello de O Porriño.

A directora xeral de Calidade Ambiental, Cambio Climático e Sostibilidade, Sagrario Pérez Castellanos, interveu esta mañá no seminario HCH e lindano na Unión Europea, ondeabordou a incidencia deste material, así como as xestións realizadas pola Xunta ante a presenza do mesmo no municipio pontevedrés.

Durante a súa intervención, deu a coñecer que o Consello de Ministros do pasado 2 de novembro aprobou a concesión dunha axuda directa, por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, dun millón de euros para os traballos de control e vixilancia da contaminación de solos polo produción de lindano en Sabiñánigo (Huesca).

Tal e como indicou a directora xeral, a solución á situación que se rexistra no Porriño “non pode nin debe ser asumida en soidade polos gobernos rexionais”, neste caso a Xunta.

Lembrou que os proxectos que seguen pendentes son a retirada de residuos da pista do Contrasto (cun orzamento de máis de 3 millóns de euros), a mellora da celda de seguridade, ou a definición dun tratamento de descontaminación definitivo, para aplicar naqueles novos focos que se puideran chegar a identificar.

Por último, a directora xeral recordou que o Goberno galego consignou máis de 6,5 millóns de euros –de fondos propios- á posta en marcha de diversas actuacións para identificar esta situación, como o estudio da celda de seguridade e o estudo integral do termo municipal, as últimas actuacións realizadas nestes dous últimos anos.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad