As obras participantes e gañadoras no VI concurso de pintura rápida Pinta Tui poden visitarse no anexo da Sala Municipal de Exposicións
Até o 29 deste mes de novembro pódese visitar no anexo da Sala de Exposicións Municipal no edificio Francisco Sánchez (Área Panorámica) a exposición dos traballos gañadores e participantes no sexto concurso de pintura rápida Pinta Tui.
O certame celebrouse o pasado domingo, 7 de novembro, organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, coa colaboración do Concello de Tui e outras entidades do municipio.
Unha trintena de persoas procedentes de toda a provincia de Pontevedra participaron nesta convocatoria plasmando nas súas obras a súa ollada sobre diversos espazos e lugares do noso territorio cunha diversidade de técnicas e estilos.
As obras gañadoras presentes na exposición son:
Categoría adultos
- Primeiro Premio: Sergio González Ribeiro
- Segundo Premio: Jose Luis García Miranda
- Terceiro Premio: Antonio Abalde
- Cuarto Premio: Martina Bugallo
- Quinto Premio: Dorinda Garrido
- Sexto Premio: Etienne Vigier
Categoría xuvenil
- Segundo Premio: Arianna Pazos Masso
- Terceiro Premio: Lucia Areal González
- Cuarto Premio: Uxía Soto Costas
Categoría infantil:
- Primeiro Premio: Olga González González
Amais na exposición están presentes tamén as obras realizadas por Jose Marcos Soto González, David Quinteiro, Alexia Malerba, Mª Jesús Gómez, Uxía Soto Costas e Vanesa Ventiño.