Sthela Táboas 12/11/2021

Trátase dunha versión infantil do Pinchorriño que ademáis de pinchos adaptados contará con actividades lúdicas para os nen@s

A alcaldesa do Porriño, Eva García, presidíu hoxe a presentación do “Pinchoneno 2021” que terá lugar o vindeiro sábado 20 de novembro, baixo carpa e cun aforamento limitado a 200 participantes, no Parque do Cristo. O prazo de inscrición está aberto e as reservas realízanse no enderezo de correo electrónico pinchoneno@gmail.com ata o 18 de novembro.

Trátase dunha iniciativa que convocan a Concellería de Educación e a Oficina Municipal de Información á Xuventude -OMIX do Porriño-, coa colaboración de “Doppler Gestión Cultural” para nen@s de entre 6 e 12 anos.

A concelleira de Educación, Lourdes Moure explicou que “organizar o Pinchoneno é un compromiso plenario coa nosa infancia, que querían ter unha versión axeitada para eles do Pinchorriño”. A concelleira volveu reclamar “a colaboración da hostalería local para que fagan pinchos axeitados á infancia”, declarou.

O representante de “Doppler Gestión Cultural”, Adrián Fragueiro, informou que a actividade se desenvolverá no parque do Cristo dende as 17.00 h da tarde, “cun catering saudable continuado ata as 21.00 h, enfocado aos nen@s e co complemento de diversas actividades lúdicas”.

Entre elas, subliñar unha charla titulada “Isto é Pop” a cargo do xornalista e escritor Javier Becerra ea artista Carolina Rubirosa”; e outra charla motivacional a cargo do músico e actor Juan Manuel Montilla “Langui”, gañador de dous premios “Goya”, entre outros galardóns.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad