Sthela Táboas 10/11/2021

O Concello de Mos celebra a resolución da problemática dos semáforos despois de tantos meses de espera e informa que tamén está contratada a empresa que prestará o servizo

Concello e Deputación de Pontevedra veñen de asinar o convenio que regula o mantemento dos semáforos nas estradas provinciais que pasan polo municipio.Convenio que, desde a administración local mosense, víñasepedindo desde fai meses que se axilizase a súa formalización e remisión ao Concello por parte da Deputación de Pontevedra; polo que alcaldesa e tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Nidia Arévalo e Camilo Augusto, respectivamente, manifestaron hoxe a súa satisfacción, pois incluso atópase xa adxudicado o servizo e contratada a empresa concesionaria que asumirá o mantemento dos devanditos semáforos.

O obxecto do convenio é establecer as condicións que rexen a posta a punto e mantemento dos semáforos instalados nas estradas EP-2602 Peinador – Louredo, EP-2601 Mos – Puxeiros, e EP-2603 Puxeiros – Peinador.

O devandito convenio asume, e así o expresa literalmente, que “correspóndelle á Deputación de Pontevedra a contratación, comprobación e recepción do servizo necesario para a posta a punto dos semáforos cun período de garantía dos traballos contratados de tres anos, comunicarlle ao Concello a recepción dos servizos de posta a punto e asumir as obrigas de conservación e mantemento”. Ademais calquera incidencia que poida xurdir no desenvolvemento dos traballos de posta a punto, por causas imprevistas e que obriguen a unha modificación do contrato e se produza un incremento do custo, será financiada pola Deputación.

Pola súa banda o Concello debe levar a cabo, con carácter permanente, a vixilancia periódica e o mantemento da funcionalidade dos semáforos, continuando a ser titular do subministro eléctrico dos mesmos e sendo do seu cargo a conservación dos mesmos logo da comunicación da Deputación de Pontevedra de finalización dos traballos de posta a punto.

O servizo de posta a punto dos semáforos obxecto deste convenio será realizado e financiado pola Deputación de Pontevedra, cun gasto estimado de dez mil euros (10.000 €).

Os representantes municipais Arévalo e Augusto celebraron polo tanto a sinatura deste documento despois de tantos meses de espera e da presión que se tivo que exercer por parte da administración local mosense para que finalmente se formalizase.

Consideran que a espera para a reparación dos semáforos e a demora dun ano na formalización do convenio a tal fin foi excesiva, pero síntense satisfeitos de ter podido solventar dunha vez a problemática.

“As estradas provinciais en Mos son viais con moito fluxo de tráfico e conectan importantes núcleos de poboación tales como Puxeiros, Peinador, San Mamede de Torroso, Santa Eulalia de Mos, etc. de ahí a importancia de que se manteñan en perfecto estado de revista”, insisten Augusto e Arévalo.

Fai meses que se mantivera unha reunión a este respecto con representantes da Deputación que recoñeceron a competencia e responsabilidade da Administración provincial sobre estes semáforos e comprometéronse a arranxar os averiados que non funcionaban (Puxeiros e Guizán); ao tempo que redactarían un convenio entre Deputación de Pontevedra e Concello de Mos para establecer as competencias e responsabilidades de cada administración sobre os mesmos, asumindo a primeira o mantemento dos sistemas de funcionamento e a Administración local as reparacións menores tales como o cambio de luminarias cando estas se fundan, por exemplo. Desde o Concello esperouse máis de dous meses tras esa reunión sen que se formalizase o documento que, por fin, hoxe é xa unh realidade, asinado por ambas partes e coa empresa contratada.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad