Sthela Táboas 06/11/2021

A veterana Patricia Martínez e as súas alumnas, As Meninas, prácticamente recén chegadas ao baile deportivo de competición, demostraron a finais do pasado mes de outubro que as mulleres mosenses teñen o seu lugar entre as mellores bailarinas de Galicia e do mundo

O 21 de outubro Patricia Martínez acadaba a medalla de bronce no Campionato do Mundo PD 10 Bailes e o día 24, As Meninas gañaban o Campionato Galego de Danza Coreográfica

O salón de sesións do Concello de Mos, acolleu onte a recepción a Patricia Martínez pola recente medalla de bronce no Campionato do Mundo PD 10 Bailes, e ás Meninas (adestradas tamén por ela) por erixirse Campioas Galegas Junior Territorial Iniciados de Danza Coreográfica.

Todas elas foron recibidas e homenaxeadas pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o tenente alcalde, Camilo Augusto; o concelleiro de Deportes,  José Areal; a concelleira de Cultura e Turismo, Participación Cidadá, Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro; e demais membros da Corporación Municipal.

Patricia Martínez acadaba o pasado 21 de outubro a medalla de bronce no Campionato do Mundo PD 10 Bailes de Profesional Division (Liga Profesional). Era o primeiro mundial que bailaba xunto coa súa actual parella de baile, Jacopo Casotto, e a pesar delo acadaron xa o 3º posto.

Neste Campionato do Mundo celebrado en Cagliari, Cerdeña, participaron un total de 8 parellas seleccionadas, das que o título de campión levouno Italia, seguida por Croacia e o bronce para España, con Patricia e Jacopo.

Pola súa banda as pupilas de Patricia Martínez, As Meninas -Sara, Ainara, Eva e Elena-, erixíronse o 24 de outubro Campioas Galegas Junior Territorial Iniciadosde Danza Coreográfica. Competiron en Tui, onde participaron 16 grupos. Da súa categoría (Junior Territorial Iniciados) eran 3 grupos.

Conseguiron a medalla de ouro a 12 puntos de diferencia do segundo grupo, é dicir, con moi boa puntuación en cada parámetro.

Agora estanse a preparar para disputar o vindeiro 5 de decembro, o Campionato de España de Danza Coreográfica en La Nucía, Alicante.

Respecto do seu éxito persoal no Campionato do Mundo Patricia Martínez declaraba que “pola miña banda, dicir que é o maior logro que conseguín na miña carreira, agradecer públicamente a Jacopo, a miña parella, por vivir esta aventura comigo e facerme cumprir un obxectivo que levaba tempo buscando, levar a Mos a unha final do mundo”.

Respecto das Meninas, Martínez expresaba esta mañá como adestradora que “polas miñas nenas, non podo estar máis contenta, véxoas crecer, véxoas evolucionar, comparto con elas os seus agobios cos estudos, as súas ledicias, todo o que a adolescencia supón. Son como as miñas irmás pequeñas”.

Remataba Patricia asegurando que “cada vez estou máis orgullosa de decir que son de Mos, porque somos a caña! Encántame compartir as miñas alegrías con Mos e máis aínda cando é recíproco. Creo que somos un bo elenco de deportistas que estamos a levar a Mos ao top dos podios a nivel mundial, e iso é para estar máis que contentos”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad