Sthela Táboas 05/11/2021

EU SON someterá na súa asemblea o inicio de conversas co Partido Popular para unha moción de censura

O grupo municipal de Esquerda Unida “ante a situación de degradación que está a vivir o Concello do Porriño, por mor de Eva García de la Torre” celebrará este domingo 7 de novembro, ás 11.30 h unha asemblea á que está convocada militancia e simpatizantes.

Neste encontro, EU Son exporá na súa asemblea as seguintes cuestións:

  • Dación de contas da reunión coa Executiva Nacional de Esquerda Unida do 02/11/21.
  • Dación de contas das reunións mantidas coas as agrupacións locais do BNG e Partido Popular.
  • Votación do acordo do Consello de 01/11/21, de toma en consideración da proposta do PP do inicio de conversas cara a facilitar coa nosa sinatura unha moción de censura promovida polo PP.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad