Mónica Romero 05/11/2021

O equipo de goberno do concello de Tui manterá reunións en todas as parroquias para coñecer as súas necesidades. A primeira terá lugar o próximo luns ás 20 h na Casa Cultural de Rebordáns

oñecer as necesidades de cada parroquia directamente dos veciños e veciñas é o obxectivo das reunións que dende o próximo luns vai manter o equipo de goberno de Tui en cada parroquia. As persoas que acudan a xuntanza poderán formular as súas preguntas e rogos tanto ao alcalde, Enrique Cabaleiro, coma aos concelleiros que conforman o equipo de goberno.

A primeira reunión está prevista o próximo luns, 8 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Rebordáns. O martes a reunión será en Malvas, o mércores en Randufe, e o xoves en Baldráns, sempre ás 20 h. Mentres o venres o equipo de goberno achegarase a Areas ás 20.15 h.

As reunións continuarán o luns 15 ás 20.30 h en Guillarei, o martes 16 ás 20h en Paramos, o mércores 17 ás 20 h en Ribadelouro, e o venres 19 ás 20 h en Pazos de Reis.

Por último o luns 22 celebrarase a xuntanza coa veciñanza de Pexegueiro, e o martes 23 coa de Caldelas, en ambos casos ás 20 h.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, convida aos veciños e veciñas de cada unha das parroquias a asistir a estas reunións para poder coñecer así de primeira man as súas inquietudes, necesidades ou suxestións. No ano 2019 desenvolvéronse tamén, no mes de novembro, xuntanzas coa veciñanza das distintas parroquias tudenses.

Reunións coa veciñanza das parroquias tudenses

  • Luns 8 de novembro ás 20 h na Casa Cultural de Rebordáns
  • Martes 9 de novembro ás 20 h no Local do Sindicato de Malvas
  • Mércores, 10 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Randufe
  • Xoves, 11 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Baldráns
  • Venres, 12 de novembro, ás 20.15 h na Casa Cultural de Areas
  • Luns, 15 de novembro, ás 20.30 h na Casa Cultural de Guillarei
  • Martes, 16 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Paramos
  • Mércores, 17 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Ribadelouro
  • Venres, 19 de novembro, ás 20 h , na Macoca en Pazos de Reis
  • Luns, 22 de novembro, ás 20 h , na Casa Cultural de Pexegueiro
  • Martes, 23 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Caldelas

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad