Sthela Táboas 28/10/2021

O Concello, a Xunta e a empresa buscan conxuntamente un cambio de ubicación que permitirá continuar a humanización no tramo final da Avenida de Puxeiros e que a zona creza en vivendas

Esta mañá celebrouse no Concello de Mos unha reunión entre os xefes territoriais de Medio Rural e Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Antonio Crespo e José Manuel González, respectivamente; os propietarios do aserradeiro do Alto de Puxeiros; a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto; o edil de Urbanismo, José Areal; e tres técnicos deste último departamento municipal (enxeñeira, arquitecto e xurídico).

A xuntanza realizouse en aras de colaboar coa empresa na procura de nova ubicación para trasladar o aserradeiro, o que lle permitiría tamén ao Concello continuar a humanización de Puxeiros no tramo final da Avenida que queda por humanizar, e que a zona creza en vivendas; pois a previsión é que no lugar no que agora se atopa o aserradeiro, se constrúa vivenda en altura, así como unha gran praza e parque públicos.

Deste xeito, quíxose trasladar aos diferentes organismos da administración autonómica competente, e coordinar con eles, as vías para este traslado e as opcións de solo ás que poderían levarse o aserradeiro.

Da reunión celebrada hoxe extraeuse a conclusión de que a empresa podería ubicarse en solo rústico, polo que xa se está a tramitar á solicitude á Xunta para que se autorice o traslado de solo urbano non consolidado (onde agora se atopa) a solo rústico. A vontade de colaboración e consenso entre todas as partes: empresa, Concello e Xunta é total e traballarase conxuntamente para axudara os propietarios do aserradeiro no traslado da súa actividade a outro lugar, pero sempre dentro do termo municipal de Mos.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad