Sthela Táboas 26/10/2021

O Concello de Mos “colocou sinais nas estradas municipais ca limitación de tonelaxe” pero “ten que elaborar un plan con rutas alternativas”

Os socialistas de Mos demandan a falla de implicación do PP na retirada do tráfico pesado de Puxeiros, e sinalan que “dende o comezo da lexislatura mostramos o noso rechazo a manter o tráfico pesado nas zonas urbanas, presentamos mocións e solicitamos en varias ocasións que se modificase o modelo que defenden dende a Administración local. Xa que dende o equipo de goberno din non tomar outra medida pese a ter as competencias en materia de tráfico, esperando que sexan outras administracións as que fagan este plan”.

Indican dende o PSdeG de Mos que, tanto Fomento coma a Deputación de Pontevedra “xa lles fixeron saber que, para limitar o tráfico pesado, o Concello ten que elaborar un plan con rutas alternativas que non chegou a facer”.

A solución que tomou o Concello de Mos “foi colocar sinais nas estradas municipais ca limitación de tonelaxe, obrigando os transportistas a buscar outras vías alternativas que, nalgúns casos, complican os desprazamentos. E incluso hai transportistas que continúan usando dita vía, o que non axuda a arranxar o problema do tráfico pesado”.

A voceira socialista, Victoria Alonso, di que “o Concello debe realizar un plan de circulación para estas zonas de forma urxente, para que poidan convivir coas zonas urbana”, e remata engadindo “que a colocación de sinais de limitación de tonelaxe sen dar alternativas é empeorar a situación e que non se está dando resposta a petición da veciñanza”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad