Esta fin de semana a música e o baile chegan a parroquia porriñesa no serán do sábado e na mañá do domingo
A Asociación Cultural Os Penediños de Atios organiza para esta fin de semana o “Festival de Outono”, con dous días de concertos e actividades para o desfrute no torreiro de Guía, coa colaboración da Concellería de Cultura de Porriño e a Deputación Provincial.
O sábado 23, ás 19:00 h haberá un obradoiro de bailes diversos para xente diversa no centro cultural. no que todo o mundo será benvido e poderá ser partícipe. Impartido por Gabi Reboredo e amenizado por Martiño Malleiro.
Ás 21:00 h no torreiro, darán comezo os concertos, coas actuacións no mesmo orde que se citan: Paraiso Canto, As Cantigas de Elena e Pédëpôtè.
O domingo 24, no torreiro da Guía, a partir das 11:30 h actuarán os grupos A Barca de Loimil e os da casa, Os Penediños de Atios.
Ante a previsión meteorolóxica, os organizadores anuncian que haberá unha carpa por si o tempo non acompaña.