Mónica Romero 16/10/2021

Os medallistas do Campionato do Mundo de piragüismo maratón en Rumanía reciben os parabéns da Deputación de Pontevedra

Tono Campos e Diego Romero, ouro na categoría C2; Tania Fernández e Tania Álvarez, prata na categoría K2 feminino; Jaime Douro, prata na categoría sub 23 e Iván Alonso, prata en maratón e bronce en maratón corto na categoría K1 foron acollidos onte pola mañá por Gorka Gómez, que se amosou orgulloso dos deportistas da provincia e fixo fincapé na necesidade de “pór en valor o esforzo do equipo, cando hai medallas e tamén cando non as hai”, salientando a importancia de “fomentar o deporte de base e os hábitos saudables”.

O deputado de deportes felicitou os deportistas polo seu éxito en Rumanía, “éxito dos deportistas e de todo o equipo que os acompaña”. Tras darlle as grazas no nome de Carmela Silva e de toda a provincia, destacou a importancia do piragüismo, que se reflexa nos deportistas bolseiros do ente provincial: “Dos 181 deportistas bolseiros da provincia, o 33% (55), son piragüistas”, o que supón que máis do 50% do orzamento da Deputación vaia destinado aos deportes náuticos. Pola súa banda, Tono Campos resaltou a importancia de que bolsas DepoDan e DepoPromesa non fagan distinción entre as modalidades olímpicas e non olímpicas, aumentando o orzamento das e dos deportistas e pondo de relevo o seu traballo. Amais, o ouro no Campionato do Mundo incidiu en que “a provincia de Pontevedra ten mellores resultados que algúns países enteiros”. Finalmente, Tania Álvarez agradeceu a recepción e, en especial, o apoio que a institución provincial lle brinda a ela e aos seus compañeiros, xa que coas súas achegas ”facilita que poidamos compaxinar a nosa vida laboral e familiar coa deportiva”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad