Sthela Táboas 15/10/2021

Dende o grupo municipal informan que “Eva García de la Torre minte e non facilita a documentación de apertura”

O grupo EU Son do Porriño, canso de agardar por unha documentación solicitada por rexistro municipal “Malia comprometerse no último Pleno e tela solicitado por sede electrónica, non se nos achega documento algún que probe que se abrise expediente de información previa, por posible detención ilegal e abuso de poder”.

Os feitos, relatan cronolóxicamente:

 “O 16 de maio un axente da Policía Municipal de paisano detén a un veciño nun presunto acto de abuso de poder con tintes racistas. No Pleno do 26 dese mesmo mes a alcadesa comprométese ante a familia e o resto da Corporación a abrir un expediente informativo para depurar posibles responsabilidades, aínda que o tema está xudicializado”.

“No Pleno do 30 de xuño a señora García cambia de postura, pon en dúbida a versión do veciño e familia e censura as protestas. No Pleno do 28 de xullo EU Son do Porriño pregunta se xa hai instrutor/a, e se se iniciou xa o expediente informativo por esta detención e dísenos que se nos contestará por escrito”.

“O 22 de setembro o xefe de gabinete di que non ten resposta que darnos a esa cuestión porque non se fixo nada. O 29 contéstasenos por escrito antes do Pleno ordinario dese día: “A concelleira delegada informa de que abriuse un expediente 3755/2021 como Información Previa a Expediente Disciplinario. Ao estar xudicializado o caso, o expediente queda suspendido”.

“Non atopamos o Decreto, volvemos preguntar ao final desa sesión e nin alcadesa nin secretario accidental  son quen de dar unha resposta coherente. Di a rexedora que se pode abrir o tema cun oficio, que non a imos crer pero que nos fará chegar o documento. Reclamamos tamén por sede electrónica”.

“O 1 de outubro pedimos novamente a secretaría e a gabinete e recibimos correo electrónico dicindo que teremos resposta por escrito. A 15 de outubro seguimos a agardar, cando xa pasaron cinco meses dende o “incidente”. ¿Que está a pasar aquí? As sesións plenarias están gravadas”. “Facemos o noso traballo traballo de control ao goberno municipal e toda a veciñanza ten dereito a saber se é certo que se abriu expediente informativo e con que data. É gravísimo o que está a acontecer e non se aclara o que se ten que aclarar. O único certo e constatado ata o de agora é que a alcaldesa minte, unha vez máis, e o PSdG consínteo”. Remata o seu comunicado EU Son Porriño.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad