Sthela Táboas 15/10/2021

A Secretaria Territorial da Xunta de Galicia en Vigo participou onte na entrega de diplomas aos 16 alumn@s-traballadores participantes e destacou a intensa actividade municipal en materia de formación para a inserción laboral e loita contra o desemprego

Mos clausurou esta mañá o seu Obradoiro de Emprego “Mocidade no Camiño”, dúas semanas despois do remate do “Mos Peregrino” e a poucos días do comezo dun novo Obradoiro titulado “SOMOSMOS”, que impartirá especialidades de albanelería e atención sociosanitaria a un total de 20 persoas en situación de desemprego.

Ana Ortiz, Secretaria Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, acudiu onte ata o Concello de Mos para a clausura e entrega de diplomas do Obradoiro de Emprego “Mocidade no Camiño” na que estivo acompañada pola alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e pola concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro. Ortiz destacou na súa intervención a intensa actividade municipal en materia de formación para a inserción laboral e loita contra o desemprego.

“Mocidade no Camiño” foi dirixido a persoas mozas incluídas no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil (formación e aprendizaxe). Para a realización deste Obradoiro de Emprego, o Concello de Mos conta coa concesión dunha subvención por parte da Consellería deEmprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Esta axuda enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, nunha porcentaxe do 91,89%.

A axuda ao Concello de Mos, ascende ao importe global de 369.492,32 €, con cargo ao orzamento da Consellería de Emprego e Igualdade, para o financiamento dos custos de formación profesional para o emprego e os salariais derivados dos contratos de traballo que se subscriba co alumnado, sendo a contía destinada para a gastos salariais de alumn@s-traballadoresde 235.553,12 €.

O Programa de emprego denominado “Mocidade no Camiño” deu emprego durante un ano a 16 alumn@s-traballadores, persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil e distribuídas nas especialidades formativas de deseño de produtos gráficos e multimedia (8 moz@s) e xardinería e auxiliares de conservación de montes (8 moz@s).

Os obxectos de actuación para a execución do desenvolvemento do proxecto foron a actuación na Senda do Camiño de Santiago aoseu paso por Mos mediante saneamento e poda de árbores, limpeza arredor dos árbores, mantemento de macizos e plantas, operacións de control fitosanitario, reposición de elementos e pequenas obras de mantemento; e a posta en valor do trazado do Camiño de Santiago ao seu paso por Mos a través de actuacións de marketing e publicidade, a través da realización de materiáis gráficos e multimedia, que puxeron en valor a zona, e deron a coñecer aos peregrinos, e á poboación en xeral, a riqueza natural e etnolóxica existente ao longo do Camiño.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad